MONITOR DE ESTIRAMENTOS MUSCULARES GLOBAIS

img

A formación de monitores en Estiramentos Musculares Globais é un curso que capacita @s alumn@s para a dirección de grupos no método E.M.G.

Sabemos que o acurtamento de unha ou varias cadeas musculares produce desequilibrios na postura e un elevado número de patoloxías moi presentes na sociedade actual.

E.M.G. é un método de ximnasia no que se persigue o estiramento suave e sostido de tódalas cadeas musculares que interveñen na construcción da postura o que permite recuperar o equilibrio postural, aliviar molestias e dores musculares e/ou articulares, conseguir un ton axustado as necesidades de cada persoa.

O curso é eminentemente práctico e vivencial. @ alumn@ integra e asimila os coñecementos fundamentais a través da práctica daqueles traballos que no futuro se encargará de dirixir. A actitude de observación e a experimentación dos cambios no seu propio corpo facilitaranlle unha adecuada e rigorosa práctica profesional.

Sabemos que o acurtamento de unha ou varias cadeas musculares produce desequilibrios na postura e un elevado número de patoloxías moi presentes na sociedade actual.

OBXECTIVOS:

Adquirir coñecementos teórico-prácticos sobre:

- A estructura corporal; estudio dos diferentes elementos que interveñen na postura.

- A columna vertebral.

- Funcionamento das cadeas musculares. Descrición das principais cadeas.

- A cinética respiratoria.

Práctica e integración de:

- Técnicas de traballo sobre a estructura ósea.

- Técnicas de traballo sobre a estructura muscular cos estiramentos das principais cadeas musculares.

- Técnicas de traballo sobre o Esquema Corporal.

- Técnicas de traballo para a recuperación da cinética respiratoria.

DURACIÓN:

A duración do curso está pensada para facilitar a integración de tódolos elementos dunha maneira natural e progresiva.

As clases faranse un día a semana, durante tres horas consecutivas ó longo de nove meses cun total de 102 horas lectivas.

O CURSO VAI DIRIXIDO A:

- Todos aqueles profesionais da saúde que buscan un método de recuperación postural ben estructurado, sinxelo e suave, fácil de practicar para todo tipo de persoas.

- Médicos, traumatólogos, fisioterapeutas, enfermeiras, auxiliares...

- Masaxistas, osteópatas, preparadores físicos, deportistas...

- Persoas interesadas na recuperación da súa postura.

MATERIAL DOCENTE:

- Material didáctico para as prácticas.

- Soporte teórico de apoio.

- Medios audiovisuais.

- Diploma acreditativo.