No ano 1998 decide abandonar a súa profesión no ámbito da administración de empresas para dar un xiro a súa vida e comeza a formarse en diferentes técnicas corporais.
Estudia Quiromasaxe e Reflexoloxía Podal e pronto se esperta o seu interese por aquelas técnicas que buscan a harmonía CORPO-MENTE.
Fórmase con Jorge Ramón Gomaríz en Estiramentos das Cadeas Musculares.
A Experiencia profesional con grupos lévana a profundar noutros métodos de Traballo corporal que finalmente sintetiza na súa propia creación; Método de Reestructuración Postural E.M.G. Estiramentos Musculares Globais.
Nos mesmos anos fórmase coma Terapeuta Morfoanalista con Serge Peyrot.
Hoxe en día dirixe o Centro Os Laranxos onde combina a súas pasións profesionais; a docencia e a Terapia Morfoanalítica.
No mesmo momento que se licencia na Facultade de Filoloxía e mentres realiza o Curso de Adaptación Pedagóxica (CAP), comeza o seu interese polas técnicas corporais. Fórmase en : Masaxe Terapéutica, Reflexoloxía e pronto comeza a traballar como masaxista.
O seu traballo como terapeuta combínase durante varios anos coa súa labor docente na Academia Galega de Masaxe.
A práctica cotiá co corpo lévaa a preocuparse polas relacións corpo-psique e fai unha primeira incursión na Terapia Gestalt.
Pero foi no ano 1997 cando encontra o que se converterá na profesión e vocación coa que se desenvolve ata o día de hoxe: A Terapia Morfoanalítica.
Fórmase con Serge Peyrot e despois de catro anos como profesional, comeza a colaborar na Formación de Terapeutas Morfoanalistas. Hoxe en día forma parte do Equipo de Formación de Terapeutas Morfoanalista en España e do Equipo de supervisores de Terapeutas Morfoanalistas