A masaxe é unha práctica terapéutica milenaria que adquire un valor moi particular na sociedade actual na que o estres e os hábitos posturais derivados dunha forma de vida mais sedentaria, producen malestar físico moitas veces reflectido na tensión muscular.
Contar cunha técnica estructurada de masaxe e aprender unha correcta aplicación da mesma a hora de atender este tipo de doenzas pode ser unha ferramenta de traballo moi útil.
A metodoloxía docente estará baseada na integración e na práctica das técnicas de masaxe polo que tódalas clases serán eminentemente prácticas.
Adquisición e aplicación dos movementos manuais básicos.
Integración e aplicación das técnicas dentro do cadro de atendemento:
- Masaxe nas costas.
- Masaxe dos Membros inferiores
- Masaxe dos Membros superiores.
- Masaxe en tórax e abdomes
- Masaxe facial.
- Masaxe completa.
O curso desenvolvese ó longo de catro meses, cunha clase semanal de tres horas e un total de 48 horas lectivas.
- Profesionais da estética.
- Profesionais da sanidade; auxiliares, enfermeir@s, coidador@s...
- Tódalas persoas que queiran acercarse o mundo da masaxe cunha técnica sinxela e moi efectiva.
- Tódolos profesionais das terapias manuais que procuren unha forma de reciclaxe.
- Tódalas persoas que respectando o corpo busquen unha nova forma de saúde.
Todo o equipo que o alumn@ necesitará para o bo aproveitamento do curso (batas, aceites, toallas…) así como o material teórico de apoio.
C/ Juan Bautista Andrade N°43-4°A
36005 Pontevedra
986 842 068
629 455 862
607 448 798