CLASES DE ESTIRAMENTOS MUSCULARES GLOBAIS E TÉCNICAS DE RESPIRACIÓN

COIDADO CORPORAL E MANEXO DO ESTRÉS

img

Estiramentos Musculares Globais é unha práctica corporal moi sinxela e precisa baseada na conciencia corporal, o estiramento suave e sostido das cadeas musculares e a liberación respiratoria. A combinación destes elementos propicia o alivio e mellora as retraccións das costas e, consecuentemente, favorece unha postura mais axeitada ás particularidades de cada persoa.

O corpo é tomado neste método como o referente de coidado e, o mesmo tempo, como vehículo transforamdor e metabolizador das tensións psíquicas

É un modelo de traballo baseado na recopilación de principios e prácticas que proceden de diversos métodos de traballo corporal: Mézierès, Pilates, Anatomía para o Movemento, Elsa Guindler e outros.

BENEFICIOS:

-Aliviar as molestias e tensións da espalda.

-Evitar lesións no deporte.

-Alongar a musculatura das principais Cadeas Musculares.

-Mellorar a túa postura.

-Relaxar e reducir o estrés.

A duración das clases é de 60 minutos

¡¡INFÓRMATE DOS NOSOS HORÁRIOS!!

¡¡PRIMEIRA CLASE GRATUITA!!