TERAPIA MORFOANALÍTICA?

img
¿QUÉ É A TERAPIA MORFOANALÍTICA?
A Terapia Morfoanalítica é unha terapia Psicocorporal, Global e Analítica:
Psicocorporal porque atende a persoa como un sistema indisociable no que o corpo físico, as sensacións, as emocións, a expresión corporal, enerxética e verbal constitúen unha soa e mesma realidade do SER.
Global porque contempla o síntoma como unha expresión do sufrimento da persoa que pode manifestarse tanto a través dunha dor corporal como por unha dor emocional.
Analítica porque a persoa vai analizando e explorando o seu SER. O corpo sirve de base fisiolóxica e psicolóxica para acceder á conciencia da súa historia; é unha porta natural de entrada o inconsciente. Así o paciente pode elaborar e comprender a relación entre as manifestacións corporais, psíquicas e emocionais que se teñen producido ó longo da súa historia.
¿CÓMO SE TRABALLA EN TERAPIA MORFOANALÍTICA?
A terapia Mofoanalítica integra no mesmo cadro terapéutico a escoita sensorial e o traballo do corpo coa análise do contido emocional e psicoafectivo das tensións musculares.
Os fundamentos do tratamento neste método son:
O traballo de reaxuste postural global baseado no reequilibrio das cadeas musculares.
O desenvolvemento da conciencia do corpo.
O descubrimento dos lazos entre o corpo e a mente.
A utilización destes elementos faise respectando o ritmo e as capacidades de cada persoa nun proceso suave e progresivo.@ Terapeuta Morfoanalista acompaña e contén este proceso desde unha actitude de presencia e escoita profunda que permiten, sen inducir, entrar en contacto coas verdadeiras necesidades.
BENEFICIOS DA TERAPIA MORFOANALÍTICA
As técnicas corporais utilizadas reorganizan o equilibrio das tensións musculares así como a alineación do corpo nos seus eixos fisiolóxicos facilitando a liberación articular así como a recuperación da respiración profunda.
A expresión das sensacións e dos sentimentos conectados cun corpo sensible que fala facilita a emerxencia dun EU auténtico. Permite á persoa construír unha identidade mais verdadeira unificando as partes desconectadas de si mesma.
A toma de conciencia das súas maneiras de funcionamento psicocorporais impulsa a cada quen a encontrar unha relación mais xusta consigo mesm@, cos outros e co entorno.
No transcurso do proceso terapéutico a persoa integra os diferentes aspectos da súa personalidade, reconecta coa súa espontaneidade, co seu poder creativo e co gozo de vivir dentro dun corpo mais libre e consciente.
¿PARA QUEN ESTÁ INDICADA?
Persoas que sufran de dores agudas, crónicas ou repetitivas de tipo muscular, articular ou orgánico (escoliose, ciática, problemas respiratorios, dixestivos…) e doenzas físicas en xeral que, a través desta terapia, poden ser tratadas e comprendidas a un nivel mais global e profundo.
Persoas con dificultades psíquicas pasaxeiras e/ou profundas que necesitan unha escoita e un tratamento do seu sufrimento que inclúa a integración do corpo e a palabra.
Persoas que sofren de estres, angustia, ansiedade, estados depresivos ou apáticos, trastornos do sono, falta de concentración, hipertensión e todo tipo de manifestacións psicosomáticas.
Mulleres e homes embarazados e postparto. Persoas implicadas no seu crecemento persoal e interesadas nunha terapia profunda.
HISTORIA